O grupo de baile formouse en Carril, un pobo mariñeiro do Concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, pertence á Asociación Cultural do mesmo nome fundada en 1987, integrándose a ela en maio de 1993.

   Nº de componentes

Está formado por 35 xoves, estudiantes e traballadores, repartidos en : 

     Grupo de baile   -   Grupo de pandeireteiras/os  -  Grupo  de gaitas   - Furtivos

que se unen co obxectivo de recuperar e difundi-lo folclore, polo cal se alterna  o  labor  de investigación polas vilas e aldeas de Galicia, coa exibición de músicas e bailes dentro e fóra do territorio nacional. 


  O vestiario 

A indumentaría que presentamos nas  actuacións, abarca os variados traxes tradicionais, tanto de "Garda"  coma de "Cotio", utilizados nas aldeas galegas e cada baile leva o seu propio vestiario.
   

  Colaboracións 

O grupo  colabora habitualmente co Concello de Vilagarcía para actuar polas distintas festas da vila; tamén ten un convenio coa Deputación de Pontevedra.

  Escola malveiras  

Actualmente temos escola de gaita baile e pandeireta en colaboracion co Gato Negro de Carril

ENCONTRO FOLCLORICO MALVEIRAS 2016

FURTIVOS MALVEIRAS NA TELEVISION DE GALICIA
MALVEIRAS

FOTOS

MALVEIRAS

MALVEIRAS

Concello de Vilagarcía de Arousa