O grupo de baile formouse en Carril, un pobo mariñeiro do Concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra, pertence á Asociación Cultural do mesmo nome fundada en 1987, integrándose a ela en maio de 1993.
Nº de componentes
Está formado por 35 xoves, estudiantes e traballadores, repartidos en :
Grupo de baile - Grupo de pandeireteiras/os - Grupo de gaitas
que se unen co obxectivo de recuperar e difundi-lo folclore, polo cal se alterna o labor de investigación polas vilas e aldeas de Galicia, coa exibición de músicas e bailes dentro e fóra do territorio nacional.
O vestiario
A indumentaría que presentamos nas actuacións, abarca os variados traxes tradicionais, tanto de "Garda" coma de "Cotio", utilizados nas aldeas galegas e cada baile leva o seu propio vestiario.
Colaboracións
O grupo colabora habitualmente co Concello de Vilagarcía para actuar polas distintas festas da vila; tamén ten un convenio coa Deputación de Pontevedra, e está nos Circuitos Culturais da Xunta de Galicia.
Escola malveiras Actualmente temos escola de gaita baile e pandeireta
Actuacións realizadas
Actuación no Festival Internacional de Figueiró do Campo Portugal 1997.
Actuación ante os Reis de España e Noruega en Santiago, Abril 1995.
Actuación no Día do Traxe en Pontevedra, maio 1998,2000
Actuación en colaboración co Concello de Catoira en Dinamarca –1993.
Actuacións no Programa "Luar" da Televisión de Galicia -Outubro 1994 e Maio 1995, Xuño do 1996 , Setembro do 97, Xuño do 98, Xaneiro 99,Marzo2000.
O día 4 de Xuño representando a Vilagarcía no Festival Folclórico nas "Festas Patronais de Matosihnos" - Portugal. Agosto .2000
Festival internacional de folclore en Bandeira Silleda, Xullo 1996.
Actuación na “ Festa da Ameixa” – 1994 - 1997.2001
Actuación no programa de Fin de Ano 97 T.V.G.
Nominados mellor grupo no programa LUAR da TVG 1999,
e mellor grupo da comarca Telesalnes no 2000
Actuación na Mostra de Folclore de Burgos.1999
Actuación no Festival Interprovincial de Cangas 2001.
Actuación na "Festa do Marisco do Grove" Outubro 2001
Actuacion no festival d´Estiu en Alcoi Alicante Agosto 2002
Actuación na Gala de verán da TELEVISION DE GALICIA en Cambados Xullo 2002.
Actuación no Festival Internacional en Monçao Portugal Xullo 2002.
Actuación no Festival de Baile de Sansenxo 2002.
Actuación no programa LUAR da Televisión de Galicia xuño 2003.
Segundo premio Concurso de Baile Tradicional Azaloira, Silleda. abril 03
Actuación no Encontro de Embarcacións Tradicionais na Illa de Arousa 03
Festival de interprovincial de Baile Tradicional de Teo. agosto 03
Terceiro premio Concurso de Baile Tradicional Azaloira 2005
Premio mellor vestiario Concurso de Baile Tradicional Azaloira 2005
Actuación no Festival Internacional de Mora-Toledo 2005
Actuacion no FESTIVAL INTERNACIONAL de Avitueiras Lisboa Portugal 2006
Actuación en Bembibre León setembro 2006
SEGUNDO PREMIO CONCURSO DE BAILE TRAD. AZALOIRA 2008
PREMIO MELLOR VESTUARIO EN CONCURSO BAILE AZALOIRA 2008
PREMIO MELLOR BAILARIN CONCURSO AZALOIRA 2008 (ESTEBAN LAMAS)
ACTUACION XORNADAS DE FOLCLORE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2008
ACTUACION NO FESTIVAL DE FOLCLORE DE PUERTOLLANO (CIUDAD REAL) 2008.
TERCEIRO PREMIO CONCURSO DE BAILE AZALOIRA 2009.
ACTUACION FESTIVAL LUSO-GALAICO EN PORTUGAL 2009.
O noso repertorio está recollido en diferentes comarcas galegas: Vila de Cruces, Beariz Fonsagrada Freazas etc. Recollendo as características que definen ditas comarcas no que se refire a bailes, vestiario e cancións.
Muiñeira de Viladecruces.
Esta muiñeira foi recollida en dúas xuntanzas realizadas no colexio de Vila de Cruces en febreiro do 1995; reunimos a persoas de parroquias próximas, aunque na súa maioría eran de Dordisou e na súa mocidade bailaron xuntas. As características que resaltamos do bailar desta zona son: Unha estrutura coreográfica clara: punto en fila e volta en roda, tanto para a xota como para a muiñeira. Sempre respectan a figura do guía. E todas aprenderon a bailar nas festas, facéndoo sempre ó son da gaita ou de pequenas bandas.
Regueifa de Orellán.
A palabra regueifa ten moitas acepcións , desafío falado ou cantado entre duas persoas, xeralmente homes, bolo de pan, baile que se solía facer nas vodas, e no que os veciños participaban e celebraban a unión da nova parella
Malveiras vai a amosarvos unha regueifa recollida en Orellán na parroquia de Baroña, concello de Porto do Son.
Tamén queremos resaltar o toque da pandeireta, xa que se fai o revés que no resto da Galiza.
XOTA PUNTEADA DE SEAIA
Esta tema é froito dunhas recollas feitas nos anos 88 e 89 na aldea de Seaia e nela aprécianse tódalas características do bailar deste concello da “Costa da Morte”
Puntos suaves e voltas forte, respectando as partes da música e a figura do guía
MUIÑEIRA DE VILAR DO COUREL.
No Courel os bailes tiñan lugar nas “airas”, explanadas de lousas nas que se desenrolaba toda a vida comunal da aldea.
O bailar solto desta zona ten duas peculiaridades claras:
A primeira é que non existe un único guía, senón que os homes vanse turnando ó botar os puntos e a segunda é que os baile realizase todo o tempo en roda.
Con esta peza despedimos a nosa intervención.
Muiñeira de Alen (Beariz - Ourense)
O concello de Beariz pertence a unha zoa moi afectada po la emigración, pero pese a esto conservan vivo o recordo dos bailes doutros tempos e cando chegan os meses de veran, as aldeas enchense de persoas que ainda manteñen vivas as suas raices, recibindo cos brazos abertos ós que coma nós se achegan na percura das ruadas e bailes do seu pasado.
A característica máis marcada do xeito de bailar de Alén é o desplazamento continuo que fan nos puntos; tamén chama a atención o seu peculiar xeito de cantar.
Valse de Caroi e Chiqui-Chiqui de Freazas
En Galicia a muller e a pandeireta sempre estiveron ligadas, decir pandereteira era como decir muller galega, polo que son incontables as melodias que se atopan na memoria das aboas, exemplo desto son estas duas pezas da provincia de Pontevedra.
Muiñeira de rebolín (Fonsagrada)
No concello da Fonsagrada a gaita e o tambor ou caixa eran o acompañamento principal dos bailes, sendo a presencia da pandeireta case que inexistente.
Polavilas era o nome que lle daban as xuntanzas nas que se bailaba, sendo esta muiñeira un recordo destas antigas "polasvilas".
Muiñeira de Seaia (Malpica - A Coruña)
Na aldea de Seaia atopamos un matrimonio, Modesto e Matilde, que nos abriron as portas da sua casa e nos aprenderon os puntos e as voltas que configuran esta muiñeira, gracias a eles e a toda a xente maior que fai posible que non esquezamos quenes somos.
Muiñeira de Boullosa ( Baltar - Ourense)
Esta aldea pertence o que se lle chama a Baixa Limia e que toca co país veciño (Portugal), pero as fronteiras xeográficas nunca foron obstáculo para que portugueses e galegos bailaran e mocearan xuntos; desta mestizaxe cultural xurde a coreografía que ides ver, na que as parellas colócanse en cruz ou cadrados.
Tamén queremos chamar a vosa atención sobre o vestiario feito en la e liño fiado e tecido a man, teas propias dunha economía doutro consumo